The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo imporá á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a insignia do “Enterro da Sardiña”

Carriola.Ateneo Santa Cecilia.25.03.23

Tras laboriosas xestións realizadas durante moitos meses ou años, por fin el xenuino “Enterro da Sardiña” que pon colofón “oficial” ao Entroido marinense, foi declarado  de Interés Turístico de Galicia e, o Ateneo, quiere agradecer a boa disposición de Nava Castro, responsable autonómica do área de Turismo

 Nava Castro en el Museo Torres durante una reciente visita a Marín

A Xunta Directiva do Ateneo Santa Cecilia, con motivo do recoñecemento e distinción do Enterro da Sardiña de Marín como Festa de Interese Turístico de Galicia, vaille facer entrega da insignia do Enterro a Directora de Turismo de Galicia Dona Nava Castro DomÍnguez. O acto terá lugar o sábado día 1 de abril as 12:00 h no local social do Ateneo Santa Cecilia sito na Rúa do Forno nº 42 baixo (Marín).

 O Enterro da Sardiña de Marín ten as súas orixes no século XIX, onde hai referencias xornalísticas da súa celebración, trátase pois dunha festa do Entroido con tradición recoñecida, diferente a outras, única no seu estilo e con motivos ornamentais exclusivos. Interrompido na guerra civil e prohibido durante a ditadura, o Ateneo Santa Cecilia recuperouno en 1976 e desde entón solo faltou a súa cita durante a pandemia da Covid.

 Con este recoñecemento pola Xunta de Galicia convértese no decimo Entroido de Galicia en acadar esta distinción polas súas peculiaridades, antigüidade e rigorosidade na súa celebración.